Hoxe, día do euskera, publicamos unha edición especial. Outorgamos un espazo a diferentes linguas que se falan na comarca do Urumea. Sabemos que o euskera non é a única lingua que se fala na comarca. Pero cremos que o euskera será a ponte para unir diferentes culturas, linguas e xeracións; será a ferramenta para o entendemento e a integración. Kronica fai esta aposta todos os días: publica información local en euskera. Hoxe queremos facervos partícipes de todo isto.